Solapas principales

Axudas ao alugueiro para establecementos de lecer nocturno pechados pola Covid-19

Lunes, 9 noviembre, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa sobre a convocatoria de axudas ao alugueiro para os establecementos de lecer nocturno pechados pola Covid-19. Esta convocatoria de axudas foi publicada pola Xunta de Galicia. Concederanse axudas de ata 20.000 euros para o alugueiro dende xaneiro a novembro de 2020. Para poder participar nesta liña de axudas existe a obriga de estar aberto ao público durante un ano. O prazo de presentación de solicitudes para optar a estas axudas está aberto ata o 27 de novembro de 2020.

Para máis información pódese chamar, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ao número de teléfono 649 562 727 ou enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

Multimedia