Solapas principales

Aviso de nivel laranxa da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por avenidas

Miércoles, 12 noviembre, 2025
Segundo a Rede de Aforos de Augas de Galicia, a estación SAR - BERTAMIRÁNS superou o limiar de prealerta, podendo por tanto producirse enchido das canles e desbordamentos.

En previsión de avenidas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantén activado o Plan Especial para risco de inundacións en Galicia, en fase de PREEMERXENCIA. 

Ante calquera incidencia provocada por esta serie de fenómenos meteorolóxicos adversos pode informar chamando á Policía Local de Ames ou á Agrupación de Protección Civil nos teléfonos 619 767 575 ou 673 178 888.