Solapas principales

Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por temperaturas máximas e tormentas

Miércoles, 15 julio, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 94/71GAL, emitido o día 15/07/2026 ás 11:02 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por CHOIVAS, que afectará mañá xoves 16 de xullo, a provincia de LUGO (centro e montaña), desde primeira hora da tarde ata a noite. Prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm.

Asi mesmo, AEMET informa no boletín 262/71GAL, emitido tamén ás 11:02 h do día de hoxe, de fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO  por  TORMENTAS E CHOIVAS , que afectarán á provincia da Coruña (interior), Lugo e Ourense (Valdeorras), desde primeira hora da tarde ata a noite de mañá xoves 16/07/2026. Prevese unha precipitación acumulada nunha hora de 15 mm para A Coruña (interior), Lugo ( A Mariña e Sur) e Ourense (Valdeorras). 

As tormentas poden vir acompañadas de sarabia e rachas moi fortes de vento. Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producir tormentas de intensidade superior de forma puntual.

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, pódese chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es. 

Multimedia