Un aviso nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que poidan producirse tormentas de intensidade superior de forma puntual.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor. Ante calquera emerxencia chame ao 112.
No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es





