Solapas principales

A Aula CeMIT pecha por mor das obras na Casa da Cultura de Bertamiráns e continuará a súa actividade a distancia

Lunes, 10 enero, 2022
Este luns 10 de xaneiro comezan as reformas na Casa da Cultura de Bertamiráns, que mellorarán o seu alumeado, renovarán pavimentos e falsos teitos no primeiro andar e engadirán novos espazos ao carón do auditorio, que se empregarán para un almacén, unha zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia. Ao estar situada na primeira planta, a Aula CeMIT amesá queda afectada polas obras, polo que terá que pechar as súas portas, continuando a atención ás usuarias e usuarios por vía telefónica, no 682 373 753, ou a través do correo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

A formación continuará de maneira telemática, cunha serie de cinco cursos formativos dirixidos ás usuarias e usuarios adultos, que se realizan a través da canle de YouTube da Aula CeMIT. Dende este luns 10 de xaneiro ata o 3 de febreiro terán lugar diferentes propostas, nas que se poderán aprender a mellorar habilidades como a mecanografía, empregar o DNI electrónico ou mesmo a crear contidos a través de webs, blogs ou mesmo plataformas de streaming. Toda a información sobre estes cursos pódese consultar seguindo esta ligazón.

Multimedia