Solapas principales

Aprázase a xincana deportiva "I Rastrexo" de Ames por mor do aumento de casos de COVID-19 no concello

Martes, 3 agosto, 2021
A primeira edición da xincana deportiva prevista para este sábado 7 de agosto no paseo Fluvial de Bertamiráns adíase polo aumento de casos de COVID-19.

Ante o aumento dos casos e nun exercicio de responsabilidade a concellaría de Deportes decidiu aprazar o I Rastrexo de Ames.
A xincana deportiva retomarase cando mellore a situación epidemiolóxica respectando o número e a orde de inscrición.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, aproveitou a ocasión para pedir prudencia e responsabilidade a todos os veciños e veciñas de Ames, para xuntos saír desta situación e non dar un paso atrás na loita contra o coronavirus.