Solapas principales

Anuncio sobre o proceso selectivo dunha praza de arquitecto/a técnico/a por oposición libre

Lunes, 18 septiembre, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira, arquitecto/a técnico/a, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Os interesados/as poderán proceder á subsanación das súas solicitudes e/ou á presentación das reclamacións que estimen convenientes nun prazo de dez (10) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da resolución no BOP (Boletín Oficial da Provincia). 

> Premendo nesta ligazón pódese acceder ao proceso selectivo ao completo