Solapas principales

Amplíase ata o 14 de agosto o prazo de matrícula dos servizos de Comedor, Bos Días Cole e Tardes Divertidas

De Lunes, 10 Agosto, 2020 hasta Viernes, 14 Agosto, 2020
A concellaría de Educación amplía o prazo para formalizar a matrícula nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas ata o 14 de agosto de 2020.

As solicitudes aceptadas deberán formalizar a matrícula para conservar a praza inicialmente outorgada.

Calquera persoa que teñas dúbidas de como facelo ou precise máis información pode consultar o portal  www.conciliames.org, enviar un correo a  educación@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono  981 891 476.

Aquí podes consultar o decreto polo que se amplia o prazo para a presentación de solicitudes de matrícula dos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Comedor Escolar e Tardes Divertidas) do Concello de Ames.