Solapas principales

Ames Emprega e Integra: organízase unha xornada de emprendemento para o venres 14 de xullo no Espazo A Proa

Lunes, 10 julio, 2023
No marco do programa Ames Emprega e Integra, programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do Concello de Ames, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE), o próximo venres 14 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, impartirase a xornada de emprendemento “O futuro pasa por emprender”, que se celebrará no Espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro.

O obxectivo da xornada é incentivar a iniciativa emprendedora de cara á xeración de novas oportunidades de negocio e como unha alternativa viable á inserción laboral.

Nesta xornada, ademais de contar con experiencias de persoas emprendedoras que actuarán como modelos de referencia á hora de planificar e poñer en marcha unha nova idea empresarial, trataranse  polo miúdo, os trámites administrativos para facerse autónomo, así como as principais formas xurídicas e exporanse os principais requisitos legais para a posta en marcha e os pasos a seguir para a constitución da empresa.
                        
Desde o Concello de Ames, anímase a todas aquelas persoas interesadas a inscribirse cubrindo este formulario.

Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 674 59 48 43 ou escribir un correo electrónico ao enderezo ames.integra.emprega@gmail.com. Tamén se pode acceder á páxina web https://amesintegraeemprega.es/.

Multimedia