Miércoles, 17 junio, 2026
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que se adía a andaina saudable, que percorre o cuarto tramo da ruta da Ría da Estrela entre Noia e Fontefría.
Dita andaina estaba prevista para este vindeiro sábado, 20 de xuño, e queda suspendida debido á previsión de altas temperaturas durante as horas centrais do día. Ademais, o tramo que discorre entre Noia e Fontefría dispón de poucos espazos de sombra e a dificultade da ruta é alta con diversas pendentes.




