Solapas principales

Adíase a andaina polo Mar de Ovellas prevista para este domingo 10 de maio

Jueves, 7 mayo, 2026
O Concello de Ames informa de que se adía a andaina polo Mar de Ovellas, que está prevista para este domingo 10 de maio. Esta actividade cambiase de data debido a previsión meteorolóxica que apunta choiva para este domingo. A andaina farase o domingo 7 de xuño. Terán preferencia as persoas que se inscribiron e dispoñen de praza.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, volve a organizar, por terceiro ano consecutivo, unha andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas, baseada no poema rosaliano “A probiña, que está xorda...!”.

A andaina polo Mar de Ovellas desenvólvese coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e da regueifeira Lupe Blanco. Durante o camiño hai diferentes paradas nas que o grupo de teatro Os Quinquilláns e Lupe Blanco achegan á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co concello de Ames.

A andaina parte de Augapesada e vai ata o local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. O percorrido é de 5 quilómetros, de dificultade media, cunha subida de ata o 10% de desnivel e cunha duración aproximada de dúas horas. A actividade remata no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.