Solapas principales

Actuacións no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Agrón

Lunes, 31 agosto, 2026
O Concello de Ames informa que a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. Informámoslle que ditas actuacións realizaranse o próximo xoves, 3 de setembro, no centro de extensión de cobertura de Agrón.

 A actuación que se vai realizar consiste no apagamento neste centro da frecuencia de emisión do múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan, DKiss), que se emite actualmente na canle 42, e o acendido do múltiple MPE4 na canle 45 (Boing, Energy, Mega, Trece).

Unha vez rematada dita actuación, cando se inicie a Fase 1 con data prevista para o próximo 5 de novembro, o centro de Agrón pasará a emitir as seguintes canles:

-Canle 22 (RGE1): TVE1, TVE2, Clan, 24h, TDP (Teledeporte).
-Canle 28 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad. 
-Canle 38 (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3series.
-Canle 40 (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD.
-Canle 45 (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV. 
-Canle 46 (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax, Veo7.

Os veciños que reciban deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción.

De cara a facilitar a información aos veciños afectados, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Agrón como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

-Parroquia de Agrón: A Garea, A Ponte Maceira, A Ponte Nova, Ferreiros, Gasamáns, Insua, Novais, O Galiñeiro, O Pazo, Piñor, Sandar e Trasmil.    
-Parroquia de Lens: Lens e Miso.  
-Parroquia de Trasmonte: Burgueiros, Reino, Sorribas e Suevos.

No caso de dúbida, os seus veciños poderán confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura da TDT por vía telefónica 881 866 388 ou na páxina web www.tdtgalicia.gal.

Multimedia