Solapas principales

Abre a piscina municipal descuberta do Milladoiro

Jueves, 22 junio, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que maña venres, 23 de xuño, abre a piscina municipal descuberta do Milladoiro. A apertura de dita instalación tivo que atrasarse un días debido ás obras de reparación e mantemento que se executaron en dita piscina. Cómpre lembrar que a piscina municipal descuberta de Bertamiráns e mailas instalacións da praia fluvial de Tapia están abertas dende o pasado 15 de xuño.

No Milladoiro realizáronse obras de mellora que consistiron na colocación dun novo valado, un novo sistema de filtrado e depuración, e a impermeabilización das piscinas. A actuación forma parte do plan Ames Progresa 2021-2023 e foi adxudicada por un importe de 76.804,75 euros (IVE incluído). No Milladoiro existen dúas piscinas (unha para as persoas adultas cunha profundidade de 2,10 metros e outra para os cativos que conta cunha profundidade de medio metro).