Solapas principales

Abre o prazo para inscribirse nas prazas libres das Escolas Deportivas Municipais

De Viernes, 8 Octubre, 2021 hasta Domingo, 31 Octubre, 2021
A Concellaría de Deportes abre o prazo para inscribirse nas prazas libres das Escolas Deportivas municipais 2021/22, unha vez que rematou o primeiro prazo de inscrición. Todas as persoas interesadas poden inscribirse nunha primeira actividade se non o fixeron no primeiro prazo ou se quedaron excluídas neste. Tamén se poden inscribir nunha segunda actividade os/as que xa se inscribiron nunha no primeiro prazo.

Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos no módulo de Inscripción en clases.

Unha vez que se obtivera praza na plataforma Cronos deberá xestionarse o pagamento da seguinte maneira:

Deben solicitar a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, nº 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, nº 6 no Milladoiro.

* Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo de 3 días, a inscrición quedará anulada.

Anéxase folleto con todas as actividades, grupos e idades.

Multimedia