Solapas principales

Abre o prazo para anotarse nas sesións de contacontos "Contos de bichiños" da biblioteca do Milladoiro

Lunes, 22 mayo, 2023
Dende hoxe, 22 de maio, e ata o vindeiro sábado 27, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura para cativos e cativas na biblioteca do Milladoiro, "Contos de bichiños". Trátase de tres sesións de contacontos, que se celebrarán os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño, sempre ás 17:30 horas, e que están dirixidas a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 530 807.

Multimedia