Solapas principales

Abre o prazo de inscrición para o Setembro Lúdico 2019

Lunes, 8 julio, 2019
A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Setembro Lúdico, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro. O prazo de inscrición ábrese hoxe e pechará o vindeiro 22 de xullo. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están ao final deste aviso poderás obter o impreso de inscrición neste programa e as bases dos programas lúdicos.

Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, na Oficina municipal do Milladoiro ou na propia páxina web municipal. As inscricións tamén se poden entregar a través do rexistro telemático. Tanto para a entrega como para a recollida dos papeis, o horario é de 9:00 h. a 14:00 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fóra de prazo.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos nos taboleiros de anuncios do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.org.

Multimedia