Avisos

Por ejemplo, 16-08-2026
Por ejemplo, 16-08-2026
Miércoles, 3 junio, 2026
Desde o martes, 26 de maio, e ata o luns 8 de xuño, está aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2026-2027. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais ou por calquera dos outros medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Para entregar a documentación de xeito presencial nos rexistros municipais non é preciso solicitar cita previa. Está previsto que as clases comecen o 14 de setembro.
Martes, 2 junio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 6 de xuño, organízase un obradoiro para aprender a elaborar pasta de dentes, que impartirá Benxamín, do posto O Sapo Verde. Esta actividade impartirase en horario de 12.00 a 13.00 horas. Ofértanse 15 prazas.
Lunes, 1 junio, 2026
O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para este domingo 7 de xuño unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, incluída na programación de Rosalía 2026, estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A andaina rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. Dende o departamento de Normalización Lingüística informan que quedan as últimas prazas libres para esta actividade. As persoas que queiran participar teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.
Viernes, 29 mayo, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2026, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía. Ábrese un período de emenda e baixas ata o 12 de xuño do 2026.
Viernes, 29 mayo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 29 mayo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes presentadas de novos/as usuarios/as nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2026-2027. O prazo de emendas ou reclamacións é de 10 días hábiles, do 1 ao 12 de xuño de 2026. Unha vez finalizado dito prazo publicaranse as listas de admitidos/as nos servizos e informarase do prazo de matricula.
Viernes, 29 mayo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 28 mayo, 2026
O Concello de Ames informa de que a Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas, a suspensión temporal -desde este venres, 29 de maio, e ata novo aviso- das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Polo tanto, non se autorizarán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste venres.
Jueves, 28 mayo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellería de Xuventude, informa de que se esgotaron as prazas para a excursión ao Aquapark de Cerceda, que se enmarca dentro do programa Trouleando. Esta actividade realizarase o vindeiro domingo 14 de xuño. Na actualidade xa están cubertas as 95 prazas dispoñibles e hai unha ampla lista de agarda.
Miércoles, 27 mayo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2026-2027. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 15 de xuño.