- Tematica
Os campamentos nos que quedaron prazas vacantes son os seguintes:
-Granxa escola Bergando: 1º de primaria, do 2 ao 4 de xullo, 40 prazas dispoñibles.
-Corazón de Carballo: 2º de primaria, do 1 ao 3 de xullo, 40 prazas dispoñibles.
A solicitude de praza farase presentando o impreso de solicitude a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou nos rexistros de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de xuño.
Para máis información pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal. O horario de atención é de 9:00 a 14:00 horas.




