Solapas principales

Aberto o prazo de presentación de propostas para os Orzamentos Participativos 2020

Lunes, 21 septiembre, 2020
Até o día 15 de outubro está aberto o prazo de presentación de propostas dos Orzamentos Participativos do 2020. Destinaranse 200.000 euros que se investirán no rural, nas áreas de mocidade, muller, cultura e medio ambiente. O goberno municipal propón á veciñanza que faga achegas e decida o gasto en actividades e investimentos escollidos a través deste proceso. As actuacións resultantes desenvolveranse ao longo do ano 2021. As propostas poderanse presentar na plataforma en liña que o Concello habilitou para facilitar a entrega de propostas, en vista das circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria da COVID-19. Tamén poderá recollerse a ficha de propostas e enviar a proposta por correo electrónico ao enderezo opames2020@cidadania.coop, ou entregalas nas dependencias municipais.

Os OP2020 contan no orzamento do 2021 cun presuposto total de 200.000€.  Desta cantidade, 120.000€ destinaranse para investimentos no conxunto do rural; 40.000€ para investimentos dirixidos á mocidade; 10.000€ irán destinados a actividades ou programas dirixidos á mocidade; 10.000€ destinados a actividades ou programas dirixidos á muller, 10.000€ destinados a actividades ou programas dirixidos á cultura e 10.000€ destinaranse a actividades ou programas dirixidos ao medio ambiente.

A partires de finais do mes de agosto e ao longo de setembro organizaranse reunións informativas para a veciñanza nas parroquias de todo o Concello, así como encontros sectoriais co tecido asociativo do ámbito da mocidade, a muller, a cultura e o medioambiente de Ames. A información sobre datas e espazos irase actualizando na páxina web do Concello.

Pódese acceder á información sobre os Orzamentos Participativos 2020 no folleto informativo descargable aquí, así como no teléfono de información 674 805 085 que estará ao dispor da veciñanza e nas dependencias do Concello. Tamén se poderán facer consultas no enderezo electrónico opames2020@cidadania.coop para respostar calquera dúbida.

Presentación de propostas
As propostas presentaranse telemáticamente a través do formulario dispoñible na plataforma en liña  que o Concello habilitou para facilitar a entrega de propostas, en vista das circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria da COVID-19.

Tamén poderá recollerse a ficha de propostas no seguinte enlace e enviar a proposta por correo electrónico ao enderezo opames2020@cidadania.coop, ou entregalas nas dependencias municipais. Calquera persoa pode facer propostas de investimentos, actividades ou programas.

Multimedia