Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para os contacontos infantís da biblioteca de Bertamiráns

Martes, 9 abril, 2024
Os días 16, 27 e 18 de abril a biblioteca de Bertamiráns acolle a sesión de contacontos "As cores do arco da vella", para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 8 e o 13 de abril chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

As bibliotecas de Ames están a desenvolver, como cada ano, as súas sesións de contacontos para a animación á lectura entre o público infantil. Deste xeito, súmanse aos tradicionais Encontros Literarios dirixidos a público adulto que se celebran no Pazo da Peregrina para presentar diversas obras literarias.

Multimedia