Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición nos Campamentos de Verán 2020

De Martes, 30 Junio, 2020 hasta Viernes, 17 Julio, 2020
O Concello de Ames publica os impresos para realizar as inscricións nos campamentos de verán 2020. As Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade ofrecen, a través deste programa, 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. Os prazos de matrícula varían segundo o campamento de destino elixido. Ao pé deste aviso pódese descargar a documentación necesaria para realizar a inscrición.

O servizo de Campamentos de Verán 2020 está dirixido á rapazada que este cursando educación primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenas/os e mozas/os das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que se achegan ao medio rural, ao deporte ou á cultura.

A situación xerada pola Covid-19 fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deben de ter en conta medidas de prevención tales como a redución de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.

Prazos de inscrición
Os prazos de inscrición varían segundo o campamento de destino elixido. Para os campamentos Galipark, Ecoalbergue Alvarella, Cámping Praia O Terrón (6º de primaria) e Cámping Mougás o prazo de matrícula abrangue dende o 29 de xuño ao 2 de xullo.

Por outra banda, se o campamento de destino é a Granxa Escola Corazón de Carballo, Naturmaz ou o Cámping Praia O Terrón (1º e 2º da ESO), o prazo de matrícula é do 3 ao 8 de xullo. Mentres que se o destino elixido é a Granxa Escola El Kiriko, as datas de matrícula son do 13 ao 17 de xullo.

Para facela necesitarase o impreso de inscrición debidamente cumprimentado. A copia da tarxeta sanitaria e o certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida). A presentación de dita documentación realizarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello de Ames ou, excepcionalmente e con cita previa, nos rexistros do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas con cita previa (981 883 002).

Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.

Multimedia