Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición nas actividades de animación á lectura de outubro para o público infantil das bibliotecas

Viernes, 14 octubre, 2022
Dende este luns 10 de outubro xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros para a rapazada de 3º a 6 de primaria e nas sesións de contacontos en Bertamiráns para crianzas dos 3 aos 8 anos. As sesións de narrativa oral terán lugar os días 18, 19 e 20, ás 17:30 horas, mentres que os obradoiros desenvolveranse no Milladoiro o venres 21, ás 17:30 horas, e en Bertamiráns o sábado 22, ás 11:30 horas.

“Xogando cos contos” é a sesión de contacontos de outubro para crianzas de 3 a 8 anos. A actividade fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro xa estivo os días 4, 5 e 6 de outubro, mentres que en Bertamiráns estará os días 18, 19 e 20, sempre a partir das 17:30 horas.

As inscricións para a biblioteca de Bertamiráns xa están abertas do 10 ao 15 de outubro, para as que haberá que chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

Ademais, co gallo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, para a rapazada de 3º a 6º de primaria organízase o taller literario “As cousas pequenas contan”, que terá lugar o venres 21 no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns.

Dende o 10 ao 17 de outubro pódese reservar praza a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou ben no teléfono indicado para cada centro: para a biblioteca do Milladoiro, o 981 53 08 07, mentres que no caso de Bertamiráns, o 981 88 48 29.

Multimedia