Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición das Escolas deportivas do Concello de Ames

Martes, 21 septiembre, 2021
O luns, 20 de setembro, abriu o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2021-2022. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 26 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 27 de setembro. A listaxe de admitidos publicarase o 29 de setembro na páxina web do Concello de Ames.