Solapas principales

Aberto o período de inscrición nas prazas libres da Escola de Teatro

Lunes, 2 octubre, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, ten aberto un prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

Tras a finalización dos períodos ordinarios para a renovación de inscricións e a solicitude de praza na Escola de Teatro, fanse públicas as prazas vacantes. Deste xeito, está aberta a quenda para novas inscricións nos grupos nos que hai ocos libres.

Prazas dispoñibles
Ofrécense ocos nos seguintes grupos:

> Bertamiráns:
- Teatro infantil e xogo dramático (nacidos entre o 2016 e o 2019). Martes de 17:00 a 18:00: 3 prazas.
- Teatro infantil e xogo dramático (nacidos entre o 2011 e o 2015). Martes de 18:00 a 19:00: 1 praza.
- Teatro infantil e xogo dramático (nacidos entre o 2006 e o 2010). Martes de 19:00 a 20:00: 2 prazas.

> O Milladoiro:
- Teatro infantil e xogo dramático (nacidos entre o 2016 e o 2019). Mércores de 17:00 a 18:00: 3 prazas.
- Teatro infantil e xogo dramático (nacidos entre o 2006 e o 2010). Mércores de 19:00 a 20:00: 7 prazas.

Os demais grupos xa contan con todas as súas vacantes ocupadas. As prazas dos grupos que aínda non estean completos adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. Os prezos públicos pódense consultar no documento que se atopa ao pé desa aviso.

Anotacións e pagamento
Para anotarse haberá que cubrir o impreso de inscrición e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento.

No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderase descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria. Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. No caso de non recibilo poden solicitalo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 884 896.

As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Multimedia