Actualidad

Por ejemplo, 14-06-2025
Por ejemplo, 14-06-2025
Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] Co obxectivo de dar asesoramento as mulleres que sofren violencia ou que están en risco de sufrila, o Centro de Información á Muller (CIM) de Ames pon en marcha un programa enfocado ao empoderamento da muller para a prevención e o tratamento integral das violencias machistas, a través da intervención terapéutica e de diferentes accións psicoeducativas. O programa, que conta con tres tipos de actuacións (grupos de traballo, mañás temáticas e tardes temáticas), ofrece ferramentas que favorezan cambios nas vidas persoais e familiares imprescindibles para asegurar a recuperación integral da muller e poder, así, comezar un novo proxecto vital.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] A reunión informativa de inicio de curso e xornada de portas abertas da Escola Municipal de Música de Ames, será o venres 14 de setembro, ás 20:00 no Multiusos de Aldeanova. As clases do curso 2018/2019 comezarán o luns 17 de setembro.

Viernes, 31 de agosto de 2018

[31-08-2018] A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e mailo alcalde de Ames, José Miñones, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se analizou a seguridade cidadá no municipio. A subdelegada do Goberno da Coruña comprometeuse a reforzar o dispositivo de seguridade da Garda Civil. Asemade, Pilar López-Rioboo destacou a coordinación dos corpos policiais e da Garda Civil como elemento clave para unha mellor seguridade cidadá. En dita xuntanza tamén estiveron representantes da Guarda Civil e do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta de Galicia, así como varios representantes municipais.

Jueves, 30 de agosto de 2018

[30-08-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, vén de abrir un segundo prazo de preinscrición no programa de psicomotricidade para o curso 2018-2019. De momento quedan prazas dispoñibles en todos os grupos e nos tres colexios onde se imparten estas actividades. Dirixida a crianzas de 3, 4 e 5 anos, a actividade desenvolverase nas aulas de psicomotricidade dos CEIPs A Maía e Agro do Muíño en Bertamiráns e na escola infantil do Milladoiro. O prazo para realizar a preinscrición remata o vindeiro 7 de setembro. Posteriormente, os usuarios/as admitidos/as terán que formalizar a matrícula. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición para participar nesta actividade.

Jueves, 30 de agosto de 2018

[30-08-2018] O mes de agosto chega ao seu fin e, con el, o servizo de Bibliopiscinas que se ven prestando dende o pasado mes xullo nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro e na praia fluvial de Tapia. Este venres, 31 de agosto, e coincidindo co último día das Bibliopiscinas, haberá unha festa final na que os usuarios e as usuarias do servizo recibirán algún agasallo, participarán en xogos competitivos e realizarán unha gran merenda para despedir o verán. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, desenvolve o servizo de Bibliopiscinas dende hai 16 anos, achegando ás familias amesás libros, xogos, contos, xoguetes e varias actividades ás zonas de baño do concello durante os meses de xullo e agosto.

Jueves, 30 de agosto de 2018

[30-08-2018] ] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, vén de abrir un segundo prazo de preinscrición no programa de psicomotricidade para o curso 2018-2019. De momento quedan prazas dispoñibles en todos os grupos e nos tres colexios onde se imparten estas actividades. Dirixida a crianzas de 3, 4 e 5 anos, a actividade desenvolverase nas aulas de psicomotricidade dos CEIPs A Maía e Agro do Muíño en Bertamiráns e na escola infantil do Milladoiro. O prazo para realizar a preinscrición remata o vindeiro 7 de setembro. Posteriormente, os usuarios/as admitidos/as terán que formalizar a matrícula. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición para participar nesta actividade.

Miércoles, 29 de agosto de 2018

[29-08-2018] Este venres, 31 de agosto, Xoán Curiel e a Banda Son d2 chegan á Casa da Cultura do Milladoiro co seu espectáculo musical, A Casa do Terror, onde combinan cancións, coreografías, elementos teatrais e de clown e moita interacción co público. As entradas para a obra son de balde, e xa se poden retirar na @Billeteira, a través da páxina web do Concello de Ames.

Miércoles, 29 de agosto de 2018

[29-08-2018] Os interesados en participar na segunda edición do Festival Cinema Crianza teñen ata este venres, 31 de agosto, para inscribir as súas obras e optar a dous premios de 500€ no caso das curtametraxes e 250€ no caso das longametraxes elixidas para a súa exhibición no Festival, que se celebrará en novembro. A inscrición ao festival é gratuíta, e deberá realizarse a través da plataforma FilmFreeWay ou Festhome, ás que tamén pode accederse por medio da páxina web www.cinemacrianza.com.

Miércoles, 29 de agosto de 2018

[29-08-2018] Dende o vindeiro martes, 4 de setembro, pódense realizar os trámites de preinscrición e renovación de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais de Ames. O prazo estará aberto ata o 13 de setembro, ás 13:00 horas. As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudicaranse nun sorte público que se desenvolverá o 19 de setembro, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Posteriormente, o venres 21 de setembro, farase pública a listaxe coas persoas admitidas. Este ano destaca a inclusión de catro novas actividades como son o squash (dentro do apartado de Formación deportiva) e as clases de adestramento funcional; ioga e GAP (hipoprensivos) – Aerocombat (dentro do programa de Ponte en forma). As actividades deportivas comezarán a semana do 1 de outubro. Premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o folleto informativo.

Martes, 28 de agosto de 2018

[28-08-2018] O Concello de Ames, a través das concellarías de Normalización Lingüística e de Servizos Sociais, abre o vindeiro luns, 3 de setembro, o prazo para inscribirse nunha nova edición dos Obradoiros de Lingua e Cultura "En galego, co teu acento!. Trátase dunha actividade gratuíta de 30 horas de duración que se desenvolverá de luns a venres nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, durante os meses de outubro e novembro. Ofrécense un total de 40 prazas (20 para cada localidade). O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de setembro.