Actualidad

Por ejemplo, 17-06-2025
Por ejemplo, 17-06-2025
Jueves, 17 de marzo de 2022
Imaxe da visita ás instalacións de Alfonsín Digital LAB

Esta semana o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja, visitaron as instalacións do estudo de postprodución Alfonsín Digital LAB, que está situado na rúa do Agrelo, en Bertamiráns. Trátase dunha empresa punteira nos servizos de edición; postprodución; DIT - traballo en set; dixital cinema – DCP; laboratorio dixital; e calibración - xestión de cor. Realizaron traballos de postprodución en series e longametraxes emitidas nas plataformas Amazon Prime Vídeo, HBO Max, Netflix e Movistar como Operación Marea Negra; Rapa; El desorden que dejas; ¿Dónde está Marta?; Hierro; Auga Seca; La Unidad; Néboa; etc.

Miércoles, 16 de marzo de 2022
O Goberno municipal visita a empresa Producciones audiovisuales Setemedia

O Concello de Ames está inmerso nunha rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que contan con sede no concello de Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja, visitaron a empresa Producciones audiovisuales Setemedia SL, que está situada na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Trátase dunha entidade que se encarga da produción de concertos, actos culturais, retransmisións deportivas, etc. Agora mesmo están producindo o programa da TVG “Malicia Noticias”.

Martes, 01 de marzo de 2022
Imaxe da visita ás empresas Zenit TV e Minervas Voice

O Concello de Ames continúa coa rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que teñen instalacións radicadas en Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións das empresas Zenit TV e Minervas Voice, que se atopan situadas no mesmo edificio da rúa da Xesta, no parque empresarial do Milladoiro. Durante a visita, Blas García e Ana Belén Paz puideron coñecer as instalacións da produtora e tamén abordaron con Zaza Ceballos, directora e produtora executiva das empresas, distintas vías de colaboración de cara ao futuro. Dende o executivo amesán apostan por fomentar a ubicación de novas empresas relacionadas coa tecnoloxía e mailo audiovisual no polígono do Milladoiro.

Martes, 22 de febrero de 2022
O Goberno municipal visita as instalacións da empresa Cinemar Films

O Concello de Ames continúa coa rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que teñen instalacións radicadas en Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións da empresa Cinemar Films que están situadas na rúa das Palmeiras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Durante a visita, Blas García e Ana Belén Paz puideron coñecer as instalacións da produtora e tamén abordaron con Jacobo Peña, administrador da empresa, distintas vías de colaboración de cara ao futuro.

Miércoles, 02 de febrero de 2022
Imaxe da visita ás instalación da empresa Ficción Producciones

O Concello de Ames continúa coa rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que teñen instalacións radicadas en Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron as instalación da empresa Ficción Producciones que están situadas na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Durante a visita Blas García e Ana Belén Paz puideron coñecer as instalacións da produtora e tamén abordaron con  Julio Casal, xerente da produtora, e Toni Veiga, director de produción, distintas vías de colaboración de cara ao futuro.

Lunes, 13 de diciembre de 2021
Imaxe da xuntanza entre o alcalde de Ames e o presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Ames, Blas García, a mellora da rede de saneamento do municipio e, en concreto, a ampliación da EDAR de Sisalde. Ademais, tratouse a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns; a construción dun Centro de Día de atención a maiores; e a creación de novas vías de comunicación no Milladoiro para tratar de reducir o tráfico na N-550. A xuntanza discorreu con absoluta cordialidade. Blas García entregoulle ao presidente da Xunta varios agasallos do Concello de Ames e invitouno a acudir á Casa do Concello.

Domingo, 12 de diciembre de 2021
Imaxe do centro de saúde de Bertamiráns

O alcalde de Ames, Blas García, será recibido mañá, 13 de decembro, nas dependencias de San Caetano polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Trátase dunha xuntanza de traballo que foi solicitada polo rexedor amesán trala súa toma de posesión como alcalde no pasado mes de abril. Hai máis dunha década que o alcalde de Ames non visita ao presidente da Xunta en San Caetano. En dito encontro abordarase a posible ampliación da depuradora de Sisalde; a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns; a construción dun Centro de Día de atención a maiores; e a creación de novas vías de comunicación no Milladoiro para tratar de reducir o tráfico na N-550.

Miércoles, 17 de noviembre de 2021
Reunión alcaldes

A xuntanza celebrouse esta mañá no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, despois de que o Concello de Ames en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias convocase a representantes dos 16 concellos co fin de establecer liñas de traballo comúns fronte á discriminación en materia de axudas e subvencións. Os municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes vense marxinados na actualidade de varias liñas de axuda, tanto das deputacións, da Xunta de Galicia, do Estado ou da Unión Europea, o que motivou á convocatoria da reunión. Asistiron representantes dos concellos de Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Lalín, Marín, Narón, Oleiros, Ponteareas, Redondela, Ribeira e Vilagarcía, así como da FEGAMP. Escusaron a súa ausencia os representantes dos Concellos de Cangas, A Estrada e O Porriño. As persoas participantes na xuntanza acordaron que sexa este organismo o que elabore un documento inicial que asente as bases para futuros acordos entre os municipios. As 16 administracións convocadas representan máis do 16% da poboación galega.

Viernes, 08 de octubre de 2021
xuntanza co sector audiovisual

O alcalde, a concelleira de Promoción Económica e o concelleiro de Urbanismo reuníronse con representantes do sector audiovisual que teñen empresas radicadas en Ames. O obxectivo desta reunión foi o de establecer un primeiro contacto para no futuro establecer colaboracións que sexan beneficiosas tanto para os profesionais como para o concello.