Actualidad

Por ejemplo, 23-06-2025
Por ejemplo, 23-06-2025
Lunes, 06 de febrero de 2023
Juan Manuel Morales e Aldara Meilán gañan a proba absoluta do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta

A localidade do Milladoiro acolleu este domingo, 5 de febreiro, o XXXIV Campionato Xunta de Galicia masculino e feminino de marcha en ruta, que se disputou nun circuíto que discorre pola Travesía do Porto, rúa das Palmeiras, parte da avenida Muíño Vello e rúa dos Agriños. Esta proba estivo organizada pola Federación Galega de Atletismo e contou coa colaboración do Concello de Ames. Participaron 113 atletas con ficha da FGA. Participaron 17 atletas dos clubs locais de Ames (7 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio). Cómpre destacar algúns dos resultados dos atletas dos clubs amesáns: Nicolás Collazo, do Ames Atletismo, foi cuarto na proba absoluta masculina e segundo na categoría sub18; Nadir Moreira, do Club de atletismo Millaraio, quedou en terceira posición na categoría sub 16 masculina; e Maica Jueguen Lago, do Ames Atletismo, foi cuarta na categoría W45. Preme nesta ligazón para acceder á galería de fotos desta proba.

Viernes, 03 de febrero de 2023
Cartaz do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta

A localidade do Milladoiro acollerá este domingo, 5 de febreiro, o XXXIV Campionato Xunta de Galicia masculino e feminino de marcha en ruta, que se disputará nun circuíto que discorre pola Travesía do Porto, rúa das Palmeiras, parte da avenida Muíño Vello e rúa dos Agriños. Debido á celebración desta proba deportiva haberá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento. Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo na que están inscritos 123 atletas con ficha da FGA. Participarán 18 atletas dos clubs locais de Ames (8 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio).

Lunes, 23 de enero de 2023
Presentación do campionato na Casa do Concello

A Casa do Concello de Ames acolleu esta mañá a presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia masculino e feminino de marcha en ruta, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de febreiro, no circuíto da travesía do Porto, no parque empresarial Novo Milladoiro. Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo na que poderán participar todos os atletas que conten con ficha na propia F.G.A. O prazo para anotarse xa está aberto, e os interesados en participar deben formalizar a súa inscrición na páxina web da RFEA antes das 20:00 horas do luns 30 de xaneiro.

Martes, 13 de diciembre de 2022
A XV edición da carreira celebrarase este domingo

Bertamiráns acollerá unha nova edición da Carreira Ciclista do Pavo este domingo, 18 de decembro. As actividades darán comezo ás 11:00 horas, cunha xincana para os máis pequenos, mentres que a proba se iniciará ás 12:00 horas. Ao remate da carreira realizaráselle unha homenaxe ao ciclista estradense Álex Marque. As inscricións xa están abertas: os participantes federados deberán anotarse a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo, mentres que aqueles que non posúan licenza poden facelo enviando os seus datos ao enderezo electrónico begonaalonso@mundo-r.com.

Lunes, 24 de octubre de 2022
Imaxe da XXI carreira pedestre popular Concello de Ames

A pesar da choiva que caeu onte durante a carreira pedestre popular Concello de Ames, un gran número de atletas participaron nesta proba deportiva que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta o gañador foi El Mehdi El Nabaoui, do club Oriente Atletismo, cun tempo de 31.27, e Laura Santos, do club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, cun tempo de 34.27. Esta proba pertence ao VIII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e forma parte do Campionato de Galicia das categorías sub20, sub23, absoluta e máster da tempada 2021-2022. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións da carreira pedestre.

Viernes, 21 de octubre de 2022
Cartaz da XXI Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

Este domingo, 23 de outubro, celébrase a XXI Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames. O evento deportivo, que se volve a organizar tras dous anos de paro por mor da situación epidemiolóxica, terá lugar na localidade da Bertamiráns e na súa contorna e conta cun circuíto de dez quilómetros que está homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Este ano hai inscritas máis de 1.300 persoas: 665 nas categorías absoluta e sub-18 e 652 nas escolares. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo da carreira pedestre.

Lunes, 17 de octubre de 2022
Imaxe da presentación da XXI Carreira pedestre popular Concello de Ames

Esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación da XXI Carreira pedestres popular do Concello de Ames que se vai a celebra este domingo, 23 de outubro, na localidade de Bertamiráns e na súa contorna.  Este evento deportivo volve a organizarse despois de dous anos de paro obrigado pola situación epidemiolóxica. A proba desenvolverase nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O prazo de inscrición para participar na carreira está aberto ata o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas, e pode realizarse tanto na páxina web www.carreirasgalegas.com como de xeito presencial, no establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

Jueves, 13 de octubre de 2022
Aberto o prazo para inscribirse na XXI Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

A Carreira Pedestre Popular Concello de Ames volve na que é xa a súa vixésimo primeira edición, despois de dous anos de paro obrigado pola situación epidemiolóxica. A proba, que se desenvolverá o próximo domingo 23 de outubro, contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición para participar na carreira está aberto ata o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas, e pode realizarse tanto na páxina web www.carreirasgalegas.com como de xeito presencial, no establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

Miércoles, 28 de septiembre de 2022
Imaxe da XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, en 2019

A Carreira Pedestre Popular Concello de Ames volve na que é xa a súa vixésimo primeira edición, despois de dous anos de paro obrigado pola situación epidemiolóxica. A proba, que se desenvolverá o próximo domingo 23 de outubro, contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición para participar na carreira xa está aberto ata o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas, e pode realizarse tanto na páxina web www.carreirasgalegas.com como de xeito presencial, no establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

Miércoles, 31 de agosto de 2022
O Milladoiro acolle sete anos despois a XVI Milla Urbana Concello de Ames, o domingo 25 de setembro

Tras sete anos de parón dende a súa anterior edición, a Milla Urbana Concello de Ames volve neste 2022 ao Milladoiro. Trátase dunha carreira curta, na que as persoas participantes deberán percorrer un circuíto urbano de entre 200 metros e unha milla, dependendo da idade. Calquera persoa pode participar nesta proba, con ou sen licenza federativa e sen límites de idade. A proba desenvolverase o domingo 25 de setembro a partir das 9:00 horas, na zona da área deportiva da travesía do Porto, no Milladoiro. A inscrición, de balde, poderá realizarse ata o mércores 21 ás 23:59 horas, premendo nesta ligazón.