Actualidad

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acollerán a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. As persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta ligazón ata o 17 de xuño ás 22:00 horas. A cota de inscrición é de 17 euros. As bases do torneo poden consultarse premendo nesta ligazón.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participaron os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. O piloto amesán, Alex García, gañou en categoría elite. Na categoría de féminas a gañadora foi Aroa Castromán Figueira. Participaron 51 pilotos repartidos en sete categorías, dos cales remataron 48. Descarga as clasificacións da proba.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Na actualidade hai 43 pilotos inscritos, pero as inscricións aínda se poden tramitar ata a media noite de mañá venres, polo que dende a organización agardan chegar a unha participación de entre 60 e 70 pilotos.

O pasado sábado, 25 de maio, celebrouse en Negreira a XII edición da Copa AkaiRyu, un campionato organizado pola escola homónima. Nesta ocasión, a escola amesá Dokkodo participou con sete deportistas, que obtiveron un total de nove medallas.

O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.

A pasada fin de semana celebrouse en Gondomar o Campionato Galego de Patinaxe Artística, no que participaron tres clubs con representación amesá. Despois de dúas intensas xornadas, os patinadores Inés Peña, Jorge Sanmartín, Antía Lourido e Hugo Bercero conseguiron clasificarse para o Campionato de España de Patinaxe Artística, que se celebrará en Zaragoza do 1 ao 7 de xullo.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza o vindeiro domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Estímase que participen entre 60 e 70 pilotos.

Esta semana celebrouse na Coruña a Karate 1 Youth league, a liga mundial de karate, na que participou un deportista da escola amesá Dokkodo.

O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo acudiu con oito deportistas, que conseguiron voltar a casa con oito medallas.

Un total de doce nenos e nenas do club Ames Xadrez participaron no torneo provincial por equipos infantís celebrado o pasado sábado en Santiago de Compostela. Os rapaces puideron gozar dunha xornada na que compartiron experiencias e divertimento con outros xogadores, intercambiando ademais os seus coñecementos. Os equipos de sub10 e sub 12 conseguiron o ouro, e o equipo sub14 a prata.
- ‹ anterior
- 4 de 11
- siguiente ›