Actualidad

Por ejemplo, 21-06-2025
Por ejemplo, 21-06-2025
Jueves, 10 de octubre de 2024
150 atletas participarán no Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse este sábado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. Nas categorías escolares inscribíronse 102 rapaces e rapazas, mentres que no campionato galego de remudas hai 48 atletas inscritos/as (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Nesta edición do campionato da Xunta de Galicia incrementouse a participación en 4 equipos respecto da pasada edición.

Martes, 01 de octubre de 2024
Preséntase a primeira edición do Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. A saída e chegada de cada proba farase preto deste punto, o cal estará debidamente sinalizado. Para dispor de máis información e tramitar a inscrición preme nesta ligazón.

Viernes, 27 de septiembre de 2024
Aroha Traba, do club de patinaxe Omega, consegue a medalla de prata no Campionato Galego

A pasada fin de semana, os días 21 e 22 de setembro, celebrouse en Ribeira o Campionato Galego de Patinaxe Benjamín a Infantil. Neste evento, a patinadora Aroha Traba Castiñeiras, do CPA Omega e orixinaria de Ames, proclamouse subcampioa galega na categoría Alevín feminino. Este logro permitiralle participar no Campionato de España que se celebrará en outubro en Pamplona.

Miércoles, 18 de septiembre de 2024
O domingo 20 de outubro Ames celebrará a súa XXIII Carreira Pedestre Popular

O vindeiro 20 de outubro celebrarase a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que este ano alcanza a súa vixésimo terceira edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Martes, 10 de septiembre de 2024
Aldea Nova acollerá a primeira edición do Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse o sábado 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. A saída e chegada de cada proba farase preto dese punto, o cal estará debidamente sinalizado. Para dispor de máis información e tramitar a inscrición preme nesta ligazón.

Miércoles, 04 de septiembre de 2024
Cartaz do primeiro derbi galego de fútbol sala entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela

O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, o primeiro derbi galego da categoría de primeira de fútbol sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Trátase dun derbi inédito, xa que vai ser a primeira vez que coincidan estes dous equipos na máxima categoría nacional de fútbol sala masculino. Ademais, na actualidade son os dous únicos equipos que compiten nesta categoría.

Jueves, 01 de agosto de 2024
Cartaz do I Torneo 3x3 de baloncesto de Ames

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para o venres 9 de agosto a primeira edición do Torneo 3x3 de baloncesto. Será de 16.00 a 21.00 horas na área deportiva de Bertamiráns, xunto ao pavillón polideportivo. Haberá cinco categorías diferentes: U13 mixto, U17 masculino, U17 femenino, sénior masculino e sénior feminino. Este torneo completa a programación das festas da Peregrina, en Bertamiráns, que se celebrarán dende o mércores 7 ata o domingo 11 de agosto. Para participar é necesario inscribirse premendo nesta ligazón. A inscrición é gratuíta. As inscrición pódense tramitar ata o 7 de agosto ás 12.00 horas.

Martes, 09 de julio de 2024
Blanca Trillo e Jesús Santomil proclámanse campións absolutos da II edición do Aberto de San Xoan

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acolleron a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. Este ano, esta cita deportiva contou cun total de 101 persoas inscritas tanto amesás como doutros puntos da xeografía galega como Vigo, Ferrol ou Nigrán, entre outros.

Martes, 02 de julio de 2024
A escola de karate Dokkodo pechou o curso co evento “Karate en Familia”

O pasado 27 de xuño a escola de karate Dokkodo clausurou o curso 2023/2024 co evento “Karate en Familia” na Casa da Cultura de Bertamiráns. Durante esta xornada, o alumnado compartiu o seu derradeiro adestramento antes das vacacións coas súas familias.

Martes, 18 de junio de 2024
O 21 de xuño celébrase unha xornada de ioga no parque do Ameneiral

O centro de ioga Zona Zen, en colaboración do Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde, organiza unha xornada de ioga para celebrar o día internacional desta disciplina. A actividade terá lugar o venres 21 de xuño no parque do Ameneiral (Bertamiráns), en horario de 19:00 a 20:30 horas. Para participar é preciso inscribirse. O custo da inscrición son 6 euros, cos que se agasalla un boleto do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella.