Actualidad

Por ejemplo, 04-06-2025
Por ejemplo, 04-06-2025
Sábado, 29 de octubre de 2022
Cartel do evento para emprendedores con motivo do Samaín

O espazo colaborativo “A Proa” organiza o próximo mércores 2 de novembro, ás 19:00 horas, un evento para persoas emprendedoras e autónomas. O taller xirará en torno ás dificultades que supón iniciarse no mundo empresarial e os temores máis frecuentes dos emprendedores. Ademais, o coworker Adrián Nieto presentará o seu último proxecto musical para animar a xornada.

Jueves, 27 de octubre de 2022
A charla forma parte dun acordo entre o Concello de Ames e UCGAL

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o mércores, 2 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla sobre comercio electrónico, banca electrónica e as súas garantías. A charla impartirase no salón de plenos da Casa do Concello. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Miércoles, 26 de octubre de 2022
A primeira festa de Samaín de Bertamiráns contará coas actuacións de Música Miúda e Urakán

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a primeira festa de Samaín o vindeiro luns, 31 de outubro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Haberá unha actuación musical para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Música Miúda, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.

Jueves, 20 de octubre de 2022
O presidente da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Javier Santos, e o vogal da mesma, Francisco Villar, acompañados polo alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e Alberto Uzal, de Fílmate Estudos Fotográficos e Audiovisuais

A Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro organiza unha nova edición do seu certame fotográfico, co que colabora a Concellería de Promoción Económica do Concello de Ames. A temática do concurso xirará en torno á estética do parque e á actividade económica que alí se desenvolve. Haberá unha categoría absoluta e outra xuvenil, e permitirase o envío dunha imaxe por participante, coa que se deben enviar o título da obra e os datos persoais do autor. A data límite para participar é o día 22 de novembro, e os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará o día 22 de decembro na Casa da Cultura do Milladoiro. As bases do concurso pódense consultar premendo nesta ligazón.

Miércoles, 19 de octubre de 2022
O atelier Juana Rique de Ames expuxo a súa nova colección nupcial na Semana da Moda de Madrid

Atelier Couture, unha das citas da Semana da Moda de Madrid, volveu converterse no escaparate dos atelieres españois na súa oitava edición, os pasados días 4 e 5 de outubro. Un das marcas que participou no Atelier Couture 2022 foi o atelier Juana Rique de Ames. Trátase dunha empresa que naceu desde a experiencia da súa tenda en Bertamiráns, Mariana, da man das irmás Ana e María Verde. O atelier amesá mostrou a súa nova colección nupcial nun desfile celebrado no Palacio de Santoña. O desfile estivo composto de pequenos sets nos que se recollen noivas moi diferentes, eso si, todas, cun denominador común: carácter fortaleza, e autenticidade.

Viernes, 14 de octubre de 2022
O Concello de Ames e Tecalis presentan o proxecto Tecalis Avatar Identity Technology no evento Innpulso Emprende celebrado en Valencia

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e mailo director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, presentaron o proxecto Tecalis Avatar Identity Technology na sexta edición de Innpulso Emprende que se celebrou en Valencia. Trátase do evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como obxectivo principal facilitar o encontro entre responsables municipais e o tecido emprendedor, á vez que se premian as iniciativas máis innovadoras dos distintos municipios. Tamén acudiron ao evento a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz; e maila directora de asuntos corporativos e gobernanza de Tecalis, Berta Caro. Dito evento contou coa participación de 53 cidades pertencentes á Rede Innpulso. De Galicia acudiron os Concellos de Ames e da Coruña.

Jueves, 13 de octubre de 2022
O espazo coworking A Proa organiza un taller de iniciación ao portugués para persoas emprendedoras

O espazo colaborativo “A Proa” organiza o próximo mércores 19 de outubro, ás 17:30 horas, un taller de iniciación ao portugués. No obradoiro ensinaranse conceptos básicos sobre a lingua portuguesa, e perfilaranse as persoas que asistan para crear máis talleres similares adaptados ás súas actividades profesionais. A coworker Kika de Andrade, doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de impartir a sesión. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.

Martes, 11 de octubre de 2022
O Concello de Ames e Tecalis exporán un proxecto de identificación de avatares nas cidades do metaverso no evento Innpulso Emprende

Este venres, 14 de outubro, o Concello de Ames e maila empresa amesá do sector da tecnoloxía, Tecalis, que ten a súa sede no parque empresarial do Milladoiro, van a participar en Valencia na sexta edición de Innpulso Emprende, o evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como obxectivo principal facilitar o encontro entre responsables municipais e o tecido emprendedor, á vez que se premian as iniciativas máis innovadoras dos distintos municipios. Acudirán o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, e maila directora de asuntos corporativos e gobernanza, Berta Caro.

Martes, 04 de octubre de 2022
Concédense preto de 50.000 euros a empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado mes de setembro as contas xustificativas para proceder ao pagamento das axudas do Plan Ames Progresa, dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local. Deste xeito, aprobouse a concesión de 49.599,26 euros a 35 empresas e autónomos. As axudas concedidas teñen un importe máximo de 1.500 euros.  Esta convocatoria de axudas estivo dirixida ás empresas e profesionais autónomos que pecharon parcialmente entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, por mor da situación epidemiolóxica e das restricións vixentes no momento do peche.

Lunes, 03 de octubre de 2022
Comeza a quinta edición do obradoiro de emprego en enerxías renovables Renova

Os Concellos de Ames e Brión acaban de poñer en marcha a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Promoción Económica de Ames, Ana Paz, visitaron, esta mañá aos 20 alumnos/as deste novo obradoiro dual de emprego. Nesta edición pasa de 9 a 12 meses a formación que recibirán os alumnos/as traballadores/as sobre o certificado de profesionalidade oficial de Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.