Actualidad

Por ejemplo, 02-06-2025
Por ejemplo, 02-06-2025
Martes, 22 de noviembre de 2022
Este xoves, 24 de novembro, celebrarase un taller de iniciación na creación de webs

O espazo coworking A Proa organiza este outono dúas novas actividades dirixidas a persoas emprendedoras e autónomas. O primeiro dos obradoiros, “Wordpress en acción”, celebrarase este xoves, 24 de novembro, e nel ensinaranse conceptos básicos sobre a creacións de páxinas web. O xoves 1 de decembro terá lugar un encontro de networking no que se reunirán profesionais do mundo dixital e tecnolóxico.

Lunes, 21 de noviembre de 2022
Imaxe da presentación dos concursos de decoración de Nadal

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza o XVII concurso de escaparates de Nadal. Ademais, este ano como novidade organizase a primeira edición do concurso de decoración de Nadal veciñal. O obxectivo é que tanto comerciantes como a veciñanza en xeral colabore co Concello na decoración de Nadal. Deste xeito, poderanse decorar os escaparates dos comercios, así como as fachadas, balcóns, fiestras e xardíns de edificios e vivendas. O prazo de inscrición xa está aberto para participar en ambos certames. Repartiranse 6.000 euros (4.000 euros no concurso de escaparates e 2.000 no concurso de decoración de Nadal veciñal) divididos en oito premios (haberá catro premios por concurso).

Viernes, 11 de noviembre de 2022
A Unión de Consumidores de Galicia imparte unha charla no Milladoiro para tratar de entender a factura da luz

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o xoves, 17 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla para tratar de entender a factura da luz. A charla impartirase na Casa dos Maiores do Milladoiro. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). A través desta xornada facilitaráselle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.

Martes, 08 de noviembre de 2022
Presentación da xornada de innovación “InnovAmes”

O Concello de Ames presenta unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.

Martes, 08 de noviembre de 2022
O prazo para anotarse ao certame pecha o día 22 de novembro

A Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro organiza un ano máis o seu certame fotográfico, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames. A temática do concurso xira en torno ao propio parque empresarial e a actividade económica que alí se desenvolve. Pódese participar enviando unha soa imaxe por persoa, que deberá ser remitida ao enderezo electrónico certamefotografico@aenovomilladoiro.com xunto co título da obra e os datos persoais do autor (nome e apelidos, data de nacemento, número de carné de identidade, dirección, correo electrónico e teléfono de contacto). O prazo para enviar os arquivos está aberto ata o 22 de novembro. As bases do concurso pódense consultar premendo nesta ligazón.

Viernes, 04 de noviembre de 2022
Imaxe do acto de presentación do centro multifuncional do Milladoiro

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 3 de novembro, a presentación do proxecto de construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica do Milladoiro, que estará situado na avenida do Muíño Vello, na zona norte do Milladoiro. Interviron no acto a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Ana Belén Paz, os redactores do proxecto de Tuungoo Arquitectos, Alberto Reques e Diego Penche, e mailo alcalde de Ames, Blas García. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O proxecto foi adxudicado á empresa Citanias Obras y Servicios SL por un importe de 1.305.453,52 euros. Preme nesta ligazón para descargar o dítico informativo de dito proxecto.

Jueves, 03 de noviembre de 2022
SOGAPS organiza unha reunión informativa para os interesados mañá, venres 4 de novembro

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) pon en marcha un ano máis o programa Vacacións en Paz, e está en busca de familias amesás que queiran acoller a nenos ou nenas saharauís durante dous meses de verán, en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais. Este venres 4 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase unha reunión informativa para as persoas interesadas en participar no programa no Hotel Congreso, situado na rúa das Mámoas de Montouto, Cacheiras. Para anotarse cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico asociacionsogaps@yahoo.es ou chamar ao 986 26 26 37.

Miércoles, 02 de noviembre de 2022
Imaxe do proxecto do centro multifuncional do Milladoiro

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 3 de novembro, ás 20.00 horas, a presentación do proxecto de construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica do Milladoiro, que estará situado na avenida do Muíño Vello, na zona norte do Milladoiro. Intervirán no acto a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Ana Belén Paz, os redactores do proxecto de Tuungoo Arquitectos, Alberto Reques e Diego Penche, e mailo alcalde de Ames, Blas García. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O proxecto foi adxudicado á empresa Citanias Obras y Servicios SL por un importe de 1.305.453,52 euros.

Miércoles, 02 de noviembre de 2022
Cartaz da festa de Samaín de Bertamiráns

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a festa de Samaín de Bertamiráns este venres, 4 de novembro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Dita festa estaba prevista para o luns 31 e outubro, pero houbo que adiala debido ás inclemencias meteorolóxicas. Haberá un espectáculo infantil para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Nelson Quinteiro, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.

Lunes, 31 de octubre de 2022
A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a estrea do documental “Ames, terra de acollida”

O pasado venres, 28 de outubro, estreouse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o documental “Ames, terra de acollida”. Trátase dun documental sobre a industria e a actividade económica no concello de Ames, pero no que tamén se abordan outras temáticas como o crecemento demográfico e urbanístico, a multiculturalidade da poboación amesá, así como os atractivos culturais, turísticos e patrimoniais do concello amesán. A súa veciñanza, representantes do seu tecido asociativo e distintos persoeiros senlleiros, interveñen tamén cas súas testemuñas, para afondar na esencia desta terra. O documental está producido por Xurdir Producións Audiovisuais e conta coa colaboración do Concello de Ames. Premendo nesta ligazón podes ver o documental.