PARA QUE (FINALIDADE):
O procedemento de "autorización para a ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo.
QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
Calquera persoa física e /ou xurídica que desexe solicitar unha licenza para a ocupación da vía pública.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude de autorización para a ocupación da vía pública.
- Licenza de apertura (locais comerciais). En caso de locais comerciais, achegarase a correspondente licenza, acreditativa de exercer unha actividade comercial, ou de que se están a realizar obras que motiven a necesidade da ocupación da vía pública.
- Licenza de obras (se procede). En caso de obra nova/obra maior, achegarase a correspondente licenza acreditativa de que se están a realizar obras que motiven a necesidade da ocupación da vía pública.
- Plano de situación, baseado na cartografía municipal, detallando a localización onde se ocupará a vía pública.
- Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.
NORMATIVA APLICABLE:
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por actos de utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local derivados da execución de obras.
- Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
MÁIS INFORMACIÓN:
- Nome: Solicitude de licenza para a ocupación da vía pública.
- Unidade tramitadora: Urbanismo.
- Inicio do procedemento: A instancia de parte.
- Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
- Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
- Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
- Prazo de ejecución: 3 meses.
- Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
- Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.