PARA QUE (FINALIDADE):
O horario de apertura das escolas infantís de Bertamiráns e do Milladoiro é dende as 7:30 ata as 20:15 horas, sempre e cando haxa demanda ata a hora de peche. Durante a época de verán (xullo e agosto) a hora establecida de peche é ás 18:00 horas, tamén sempre que haxa demanda. En calquera caso, a Concellaría de Educación sinala que non é recomendable que o neno/a pase máis de oito horas diarias no centro.
QUEN PODE FACELO:
Nestas escolas infantís municipais son susceptibles de seren admitidas/os todas as nenas e nenos que teñan entre tres meses e tres anos, sempre e cando cumpran os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se matriculan.
COMO SE FAI:
Debido á situación de alarma sanitaria, cumprirase estritamente o horario de cada cita, sendo estas individuais, non podendo ir en ningún caso acompañados. Asemade, deberase ir provisto de máscara, luvas e gardaranse as distancias de seguridade. Haberá que agardar fóra ata que o persoal da escola facilite a entrada e levarase toda a documentación cuberta, xa que non se facilitará ningún obxecto de escritura.
CANDO:
DOCUMENTACIÓN:
RESPONSABLE:
- Escola infantil municipal O Bosque, avenida da Peregrina, número 28, Bertamiráns.
- Teléfono: 682 497 369
- eibertamirans@concellodeames.gal
- Escola infantil municipal A Madalena, praza da Madalena, número 16, O Milladoiro.
- Teléfono: 981 538 433
- eiomilladoiro@concellodeames.gal
NORMATIVA APLICABLE: