Pestanas principais

Preinscrición e renovación de praza nos Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas

Presencial
Online
Sede Electrónica
venres, 1 Marzo, 2024 a luns, 1 Abril, 2024
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):
Os servizos complementarios de educación e conciliación, no que está incluída a Rede Municipal de Comedores Escolares, teñen como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. O servizo da rede de comedores escolares está xestionado directamente polo Concello. Con este programa realízase por unha parte un servizo público, facilitando aos cidadáns a conciliación da vida laboral e familiar e por outra, un proxecto educativo no que o obxectivo é que o alumnado aprenda hábitos alimentario sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

QUEN PODE FACELO:

Estes programas teñen como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. Os servizos complementarios de educación e conciliación (Rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) ofértanse nas instalacións dos cinco centros de educación infantil e primaria públicos de Ames: CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro. Ademais, os servizos de Bos Días e Comedor escolar ofértanse tamén na EEI A Igrexa e EEI de Covas.

COMO SE FAI:

A tramitación das preinscricións e da renovación pódese realizar a través da páxina web www.conciliames.org. O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 de marzo ao 1 de abril. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula de cara ao vindeiro curso.

Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que xerar o arquivo coa solicitude, asinalo dixitalmente e presentalo a través do Rexistro telemático da Sede electrónica. Outra opción é imprimilo en papel, firmalo e presentalo nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns; na Casa do Concello, en Bertamiráns; ou na Oficina municipal do Milladoiro.

Para solicitar a cita no Pazo da Peregrina poderá chamar ademais ao número 981 884 991. Por último, tamén se pode presentar o impreso de solicitude en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

O sistema de renovación e preinscrición online para os servizos complementarios de educación e conciliación é o mesmo que se empregou os últimos anos. As persoas que xa empregaron este servizo anteriormente non teñen que volver a darse de alta. No caso de non ter as citadas claves poderá solicitalas desde a mesma páxina. Os novos usuarios/as deben premer na ligazón de crear conta. Despois xa se poderá iniciar sesión para facer as xestións que se estimen oportunas.

Ademais, entrando na páxina web de Conciliames os usuarios/as dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será de orientación, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.

CANDO:
O prazo para preinscribirse ou renovar praza na Rede municipal de comedores escolares, Bos días Cole e Tardes Divertidas reabre do 1 de marzo ao 1 de abril.

DOCUMENTACIÓN:
Para a preinscrición na Rede municipal de comedores escolares é necesario presentar:

  • Solicitude de preincrición.
  • Documentación necesaria para a valoración.

Toda a información está dispoñible nos Rexistros municipais e na páxina www.conciliames.org. Para que a preinscrición sexa efectiva é condición indispensable estar ao día no pagamento dos servizos do Concello de Ames, e en xeral non ter débedas co Concello. Unha vez publicadas as listas dos/as nenos/as inicialmente admitidos/as, será necesario formalizar a matrícula no prazo fixado para ese fin e pagar a taxas correspondentes, momento no cal poderán solicitar a bonificación de taxas e entregar a documentación necesaria segundo o caso.

PREZO:
Entrando na páxina web de Conciliames os usuarios/as dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será orientativo, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.

RESPONSABLE:
Departamento de Educación. Avenida José Luis Azcárraga, número 5, Pazo da Peregrina, Bertamiráns, 15220, Ames. Horario de atención de 9.00 a 14.00 horas. Teléfono: 981 89 14 76. educacion@concellodeames.gal

NORMATIVA APLICABLE:

Para dispor de información detallada sobre o proceso de preinscrición e renovación de praza pode premer nas seguintes ligazóns:
-Información sobre o proceso de renovación para o curso 2024-2025.
-Información sobre a preinscrición para o curso 2024-2025.