Pestanas principais

Convocatoria de proxectos de programas de radio cidadá de Ames Radio

Online
martes, 19 Setembro, 2023 a venres, 13 Outubro, 2023
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):
Abrir a emisora á cidadanía e fomentar que persoas voluntarias colaboren con Ames Radio, polos seus coñecementos e interese sobre a radio ou sobre determinados temas, para conseguir unha meirande diversidade e variedade de temas na programación da emisora.

QUEN PODE FACELO:
Calquera persoa, asociación ou entidade de Ames maior de 18 anos e persoas maiores de 16 anos sempre baixo a responsabilidade dalgún dos seus proxenitores ou titor/a. Tamén persoas, asociacións ou entidades non residentes no municipio cando resulten de interese para o Concello.

COMO SE FAI:
Unha vez que saen publicadas as bases da convocatoria, a presentación dos proxectos realizarase enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal.

CANDO:
Convocatoria anual.

ONDE:
Enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico: radio@concellodeames.gal.

DOCUMENTACIÓN:

PREZO:
De balde

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
Departamento de Comunicación

CONCELLERÍA RESPONSABLE:
Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación

NORMATIVA APLICABLE: