Pestanas principais

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG pide que se restauren os muíños da ruta de Riamontes e a súa posta en valor
Venres, 26 de decembro de 2025

O grupo municipal do BNG de Ames, presenta unha moción para a recuperación deste conxunto etnográfico que suporía un importante enriquecemento do patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e medioambiental do Concello.

O BNG propón un plan especial para revitalizar o comercio do Milladoiro
Xoves, 27 de novembro de 2025

O grupo municipal do BNG de Ames, tras realizar diversas visitas á rúa Rosalía de Castro, principal eixo comercial do Milladoiro, puido constatar o profundo impacto que as obras de renovación da estrada N-550 están causando no comercio local e na vida cotiá da veciñanza. Os comerciantes trasladaron unha preocupación compartida: as obras están a afectar gravemente as súas vendas é á sustentabilidade dos seus negocios. A falta de aparcadoiro, as dificultades de acceso, os cortes de luz e servizos, así como a ausencia de aviso previo sobre os traballos, provocaron unha caída de ingresos moi significativa. Esta situación chega a un punto crítico agora que se achega a campaña de Nadal, o período máis importante do ano para o pequeno comercio, e faino con moitos negocios xa debilitados, mais con esperanza nun novo Milladoiro ao remate das obras.

O BNG vota en contra da subida da taxa do lixo
Venres, 31 de outubro de 2025

A Concelleira Rosalía Seijas explicou que  “desde o BNG non  dicimos que non hai que adaptar a ordenanza do lixo, sabemos que é obrigatorio cumprir coa directiva europea e coa lei estatal, que a traspón ao noso marco legal. O que cuestionamos non é a necesidade de adaptarse, senón o xeito en que se fai: non é de recibo impoñerlle á veciñanza  un incremento do 75% na taxa cando seguen a atoparse cos mesmos colectores rotos, as mesmas frecuencias de recollida que hai anos e as mesmas dificultades para reciclar correctamente.”

Néstor Rego con Escarlata Pampín e outros membros do BNG
Mércores, 29 de outubro de 2025

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado total disposición para proceder ao traspaso ao Concello de Ames da titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña para recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil.

O BNG defende traspasar o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña ao Concello de Ames e convertelo nunha senda verde
Martes, 07 de outubro de 2025

O concello de Ames conta cun tramo de vía ferroviaria en desuso entre Fraiz e A Moniña que permanece abandonado desde hai anos. Este espazo, que foi no seu momento unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse na actualidade nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro.