Pestanas principais

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O BNG defende traspasar o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña ao Concello de Ames e convertelo nunha senda verde
Martes, 07 de outubro de 2025

O concello de Ames conta cun tramo de vía ferroviaria en desuso entre Fraiz e A Moniña que permanece abandonado desde hai anos. Este espazo, que foi no seu momento unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse na actualidade nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro. 

Xornadas sobre a vivenda organizadas polo BNG de Ames
Martes, 07 de outubro de 2025

A xornada contou coa participación de María José Piñeira Mantiñán, docente e investigadora do IDEGA; Carlos Alberto García Novio, avogado especialista en Urbanismo; Iago Lestegás Tizón concelleiro de urbanismo, vivenda e cidade histórica de Santiago de Compostela; José Antonio Abelenda Vila, secretario da Plataforma Sol Naciente e  Escarlata Pampín López, voceira municipal do BNG de Ames. Celebrada na Casa da Cultura do Milladoiro, e moderada por Manel Pardo, na xuntanza tratáronse diversos aspectos relacionados con esta grave problemática, como a vivenda baleira, a falta de parque público de vivendas, o uso de vivendas turísticas e as dificultades que ten a xente moza e a xente traballadora para acceder a un fogar digno.

Condenan á empresa de Augas do Concello de Ames por vulneración da liberdade sindical
Martes, 07 de outubro de 2025

O Xulgado do Social Nº1 de Santiago de Compostela vén de condenar ao Concello de Ames, a través da empresa pública Augas de Ames, a indemnizar ao anterior delegado de persoal da empresa e ao sindicato nacionalista CIG con 7.500€ a cada parte por vulneración de dereitos sindicais.

O BNG de Ames alerta dos riscos económicos e da falta de planificación no proxecto do Centro da Mocidade
Venres, 12 de setembro de 2025

Durante a sesión plenaria do Concello de Ames, a portavoz e concelleira do Bloque Nacionalista Galego, Escarlata Pampín, e a concelleira nacionalista, Rosalía Seijas, advertiron da “falta de transparencia, previsión e responsabilidade económica” do goberno socialista en proxectos clave como o Centro da Mocidade do Milladoiro e na xestión ordinaria das contas municipais.

A veciñanza de Lapido illada ante unha emerxencia polo abandono da ponte
Mércores, 10 de setembro de 2025

A veciñanza de Lapido vive preocupada pola desatención que sofren xa que hai un punto no camiño convencional á  entrada da aldea que se estreita tanto que impide o paso a calquera vehículo de emerxencia. “É imposible que unha ambulancia ou un camión de bombeiros poida acceder a atender a unha persoa por esta vía” explica Carla Vázquez, veciña de Lapido, “por iso hai anos xuntámonos os veciños e veciñas, recollemos firmas e fixemos unha petición no Concello para que nos habilitaran a ponte como vía excepcional  para o paso de vehículos de emerxencia”, lembra.