- Enderezo: Casa da Cultura de Bertamiráns. Praza de Chavián s/n
- Teléfono: 682 373 753

- Ver Web.
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres: de 9:30 a 13.30 e de 16.30 a 20:30 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación
Pestanas principais
Aula CeMIT de Ames
Novas do departamento
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames programou novos cursos para os meses de outubro, novembro e decembro. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta ao longo dos vindeiros meses, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores. Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os/as usuarios/as. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias.
A Aula CeMIT de Ames abrirá a aula para o uso libre dos seus equipos a partir do xoves 2 de xullo. O horario durante as primeiras semanas será de 9.30 a 13.30 horas, deixando a tarde para continuar cos seus cursos dende a casa. Destes últimos, hai programados dous máis para este mes de xullo, que seguirán impartíndose dende Youtube.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro mércores, 11 de xaneiro, ás 17:30 horas, unha nova charla sobre ciberseguridade e fraudes nas redes. A mesma conferencia xa fora organizada no mes de novembro pola Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro en dito municipio, logrando unha gran acollida entre a veciñanza. Nesta ocasión, ademais, clausuraranse os cursos do segundo módulo de alfabetización dixital nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño. Deste xeito, entregaráselle un diploma a arredor de medio cento de veciños que asistiron a estas clases.
Este luns, 2 de setembro, abren as instalacións da Aula CeMIT de Ames, situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, despois de estar pechadas durante o mes de agosto por descanso do axente TIC que coordina e imparte as actividades formativas de dita Aula. A programación de cursos deste mes de setembro inclúe varias novidades como un curso en familia e maila ampliación nos horarios de cursos para adultos. Para obter máis información ou para reservar praza en calquera das actividades de setembro, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web do CeMIT ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal.
O alcalde, Blas García, acompañou esta mañá ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na visita que realizou ás instalacións da Aula CeMIT do concello de Ames, que está situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, e onde se renovaron os equipamentos informáticos. Concretamente, grazas ao apoio da Xunta adquiríronse 15 ordenadores Al lin One, 10 tablets, equipamento complementario e material innovador (2 impresoras 3D, 1 kit de robótica, 5 drons, 2 gafas virtuais e un kit de programación). En dita visita tamén participaron concelleiros/as do grupo de goberno e dos grupos municipais do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego. O rexedor municipal solicitou a colaboración da Xunta de Galicia para dispor dunha nova Aula CeMIT na localidade do Milladoiro.
As instalacións da Aula CeMIT de Ames permanecen pechadas ao público debido ao estado de alarma provocado pola COVID19, pero a súa actividade segue funcionando. A Aula, seguirá ofrecendo durante o mes de xuño cursos semanais de temática moi variada coa intención de seguir acollendo á maior cantidade de xente posible. Ademais, procedeuse á creación dunha web sinxela na que centralizan a información de todas as actividades á que podes acceder premendo neste enlace.
A aula CeMIT organiza para o vindeiro trimestre tres novos cursos para o público adulto e outros catro para menores de idade. As formacións impartiranse entre os meses de abril, maio e xuño e estarán enfocadas no uso dos teléfonos móbiles, navegar en Internet e a utilización de ferramentas de ofimática. Os horarios de acceso á aula son, polas mañás, de luns a venres dende as 9.05 ata as 12.55 horas. Polas tardes, o horario é de luns a xoves, de 16.35 a 18.55. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CeMIT.
Co arranque do novo ano, chegan 13 novos cursos da Aula CeMIT para os meses de xaneiro e febreiro. Ciclos de informática, de ofimática, empregabilidade e cursos especialmente dedicados para os menores son algunhas das propostas da Aula CeMIT (situada na Casa da Cultura de Bertamiráns) para estes primeiros meses do ano.
O Concello de Ames ven de asinar un convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para dispor da Rede CeMIT para facilitar a realización dos exames correspondentes ao curso universitario 2019-2020.
O goberno municipal de Ames volve a solicitar unha Aula CeMIT para o Milladoiro. O alcalde de Ames, Jose Miñones, vén de enviarlle o pasado 8 de xaneiro unha carta á directora da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Rosa Méndez Calvo, solicitando que se dote de dito servizo ao núcleo urbano máis poboado do concello. Anteriormente, xa se mantivo unha xuntanza entre ambos representantes institucionais e tamén, en marzo de 2019, se fixo esta mesma petición a través de carta.
- ‹ anterior
- 5 de 5




