- Enderezo: Casa da Cultura de Bertamiráns. Praza de Chavián s/n
- Teléfono: 682 373 753

- Ver Web.
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres: de 9:30 a 13.30 e de 16.30 a 20:30 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación
Pestanas principais
Aula CeMIT de Ames
Novas do departamento
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de febreiro e marzo, con dous cursos dirixidos a adultos. Os contidos impartidos abarcan a formación en aspectos das follas de cálculo de LibreOffiice Calc e na iniciación no uso de redes sociais. A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de novembro e decembro, con dous cursos dirixidos a adultos. Os contidos impartidos abarcan aspectos como o deseño vectorial con Inkscape e as compras seguras a través de internet. A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).
A aula CeMIT retomou xa o seu horario habitual e, coa volta a rutina, tamén organizan para estes derradeiros meses do ano dous novos cursos de formación para adultos. Deste xeito, impartirase a formación “Correo electrónico: xestión avanzada” e o curso “Crea o teu blog e web persoal!”. Por outro lado, a inscrición para os cursos presentados no pasado mes de xullo aínda está aberta e, aínda que non queden prazas para o curso desexado, quedarase en lista de agarda por se houbera algunha baixa.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames reforza a súa actividade presencial para os meses de verán, organizando catro talleres dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, que inclúen propostas de mecanografía, programación e informática lúdica. Ademais, engaden á oferta tres talleres en liña para público adulto, centrados nas buscas en Internet e nos programas Gimp e Inkscape. O acceso á aula aberta continuará nestes meses, de luns a venres de 9:30 a 13:00, e manterase a atención telefónica e por correo, de luns a venres dende as 16.00 ata as 18.30.
A aula CeMIT propón varios cursos de formación para estes intres finais do ano. Deste xeito, impartirase dúas formacións para adultos, “Compras seguras a través de Internet” e “Iniciación a Internet”. Por outro lado, para os máis pequenos haberá tres propostas, que se desenvolverán durante o período non lectivo das vacacións de Nadal, “Postais de Nadal con Paint”, “Postais de Nadal Pixelart” e “Postais de Nadal animadas en Scratch”.
A aula CEMIT organiza para os meses de marzo e abril unha morea de novos cursos tanto para adultos como para menores de idade en horarios de mañá, de luns a venres dende as 9.05 ata as 12.55 horas, e de tarde, de luns a xoves dende as 16.35 ata as 18.55. Os cursos estarán dirixidos á mellora de habilidades dixitais, para os adultos, e á introdución no mundo dixital aos máis cativos. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CEMIT.
A aula CeMIT organiza para os vindeiros meses de xuño e xullo novos cursos para público adulto e mozo. As formacións están enfocadas á utilización avanzada da rede e á programación mediante a plataforma Scratch. Os horarios de acceso á aula son polas mañás, de luns a venres de 9.05 a 12.55 horas, e polas tardes de luns a xoves de 16.35 a 18.35 horas. A partir do 22 de xuño a aula CeMIT so terá horario de 8.15 a 13.50 de luns a venres. Para poder participar en calquera dos cursos é necesario estar dado de alta na rede do CeMIT.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa en 2024 con seis cursos dirixidos á rapazada e dous cursos para adultos. Os contidos céntranse no manexo de ferramentas dixitais como o programa LibreOffice Writer ou na introdución á mecanografía, entre outros. A inscrición en calquera dos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante o mes de decembro con tres cursos dirixidos á rapazada e tres cursos para adultos. Os contidos céntranse na creación do currículum ou na busca de emprego a través da Internet, entre outros. A inscrición en calquera dos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de marzo e abril, con catro cursos para os adultos e outros dous que van dirixidos á rapazada. Os contidos impartidos abarcan aspectos como as redes sociais e o uso do móbil, o emprego de programas como o LibreOffice ou a linguaxe de programación. A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).
- ‹ anterior
- 3 de 5
- seguinte ›




