Pestanas principais

Música: Encontros e festivais

Durante os meses de xuño ata setembro, na época estival desenvólvense  espectáculos de diferentes disciplinas nas rúas e prazas de Bertamiráns e O Milladoiro e tamén noutros espazos con gran valor patrimonial como é o Pazo da Peregrina ou Pontemaceira. Esta iniciativa que naceu con moita ilusión e vontade de continuidade tivo como obxectivo principal dinamizar as rúas do concello, favorecendo o comercio local, e que se beneficiara o maior número de persoas. Por outra banda ter unha alternativa de ocio para fixar poboación de fin de semana, tanto que a xente de Ames se quede o fin de semana no concello, como a de  concellos limítrofes se acheguen a gozar de actividades culturais. Estas actividades na súa maioría, están  subvencionadas pola Rede Cultural da Deputación e polo programa Cultura no Camiño da  Xunta de Galicia.

Persoas destinatarias: Todos os públicos

  • ENCONTRO JAZZ, no mes de xuño, no Pazo da Peregrina.
  • NOITES EN VELA, no mes de xullo en Pontemaceira., música folk nun entorno inmellorable como é a Pontemaceira. O escenario forma parte do entorno nun penedo no medio do río Tambre e o público situado pola ponte romana.
  • FESTIVAL MILLAROCK  : no mes de agosto no Milladoiro.  Un festival xa consolidado e  cuns obxectivos moi claros, música en galego, que participen bandas emerxentes, locais e en feminino.