Pestanas principais

Hortas Urbanas

  • Obxectivo principal e pequena descrición:
    Coordínanse dous espazos municipais, un no núcleo urbano do Milladoiro e outro en Bertamiráns, cun total de 90 parcelas para cesión de uso a veciños empadroados. A ordenanza que regula o funcionamento destes espazos dálle prioridade aos maiores de 64 anos e persoas e en risco de exclusión social.
  • Obxectivos:
    • Recuperar espazos urbanos para o uso público e achegar diversidade á paisaxe do municipio.
    • Ofrecer un espazo de ocio e actividade para as persoas.
    • Fomentar a participación cidadá.
    • Promover boas prácticas ambientais de cultivo, xestión de residuos, aforro de auga, agricultura ecolóxica, recuperación de usos e costumes da agricultura tradicional, preservación de variedades autóctonas, etc.
    • Mellorar a saúde da cidadanía e manter a calidade de vida.
    • Favorecer a integración de colectivos, ocupando o seu tempo e facilitando a creación de novas relacións.
    • Potenciar o carácter educativo das hortas.
    • Establecer e valorar as relacións entre o medio natural e as actividade humanas.
    • Promover unha alimentación sa e hábitos saudables.
    • Impulsar un maior coñecemento e respecto polo medio natural.
    • Promover as relacións e o intercambio xeracional e intercultural.
  • Destinatarios:
    • veciños/as do Concello de Ames.