Pestanas principais

Festival internacional de cine infantil de Ames. Cinema Miúdo

Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que nace no concello de Ames. Con este festival preténdese cumprir uns obxectivos pedagóxicos básicos entre os cales se priorizou o de propiciar que os nenos e nenas galegos descubrisen o gusto polo cinema así como o de axudar a formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. E é que, ademais da súa dimensión lúdica, confiamos en que o cine pode actuar como un recurso moi útil para a educación, a aprendizaxe e a creatividade. 

O concurso está aberto a películas de todas as nacionalidades e, polo tanto, ten carácter internacional. As curtas a concurso están divididas en dous bloques por idades: Axóuxeres, para nenos e nenas a partir de dous anos, e Buxainas, para aqueles que xa teñan os sete anos.

Para informarte máis polo miúdo do Festival de Cinema Infantil de Ames existen vairas opcións: o programa completo; redes sociais (Facebook e Instagram); e na páxina web.

Ademais das proxeccións o certame conta cunha programación especial en torno ao audiovisual  e o  ensino, no que o alumnado dos centros de ensino de Ames é o principal protagonista. E tamén outras actividades paralelas. Exposicións, encontros, presentacións de videoclips galegos.

Persoas destinatarias: público infantil e familiar.

Trámites: Venda de entradas e info das proxeccións.