Pestanas principais

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

BNG e Espazo Común rexistran a solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario no que recibir información sobre o aparcadoiro de pago do Milladoiro
Mércores, 16 de setembro de 2026

Tal e como indicara o BNG a semana pasada, a formación nacionalista reuniuse co resto dos grupos da oposición e finalmente acordou, xunto con Espazo Común, a solicitude dun pleno extraordinario porque “a cidadanía merece información clara, completa e precisa sobre este proxecto”. 

O BNG de Ames celebra a apertura do Centro Multifuncional do Milladoiro
Luns, 14 de setembro de 2026

Escarlata Pampín recorda que “foi un proceso que se iniciou hai moito tempo, que levou mais do agardado, e do que fomos partícipes dende o seu inicio”. En   2017 resólvese a concesión das axudas europeas FEDER para a EDUSI “Impulsa Ames”. Nese momento o plan queda formalmente aprobado. No 2018 comeza o desenvolvemento real no concello, con presentación pública e proceso participativo do plan. Este plan inclúe entre as súas actuacións a creación dun centro de mocidade no Milladoiro, como parte das políticas de inclusión social e dinamización.

“Homiños de Boimorto”, noventa anos despois son inmortais
Luns, 31 de agosto de 2026

Este ano a homenaxe do BNG de Ames tivo lugar na carballeira de Ortoño e contou coas intervencións de Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, concelleiro do BNG de Boimorto, Alejandra Barco Tojo, bisneta do represaliado José Tojo e Escarlata Pampín López, voceira do BNG de Ames.  Os numerosos asistentes puxeron de manifesto o interese da veciñanza en denunciar os feitos e evitar que vítimas da represión fascista queden no esquecemento. 

BNG elixe nova Responsable Local: Paula Castro
Venres, 31 de xullo de 2026

A xornalista Paula Castro, veciña de Ames desde hai 22 anos, é licenciada en Historia Contemporánea e en Ciencias de Información pola Universidade de Santiago e experta en Igualdade pola UNED. Logo de pasar por varios medios de comunicación, nomeadamente A Nosa Terra, na que traballou durante case unha década, actualmente desenvolve a súa actividade no Gabinete de Comunicación da Confederación Intersindical Galega (CIG).

O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames
Mércores, 15 de xullo de 2026

Nun acto celebrado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a concelleira comprometeuse a impulsar o futuro de Ames “se hoxe dou este paso é porque quero dedicar toda a miña capacidade, toda a miña experiencia e toda a miña ilusión a estar á altura de Ames. Ese é o compromiso que asumo diante de vós. Porque cando un concello como Ames mira cara ao futuro, merece persoas dispostas a estar á súa altura”.