Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 23 de febreiro de 2024

NOVAS

A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames, recolleu esta semana un novo vertedoiro incontrolado, que previamente os axentes da Policía Local detectaron xunto aos colectores de lixo da urbanización O Bosque Animado, en Ventosa, na parroqui ...

Este venres, 23 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, a partir das 19:00 horas, a Gala homenaxe a Rosalía de Castro. Trátase do acto central da programación rosaliana que organiza o Concello de Ames para conmemorar o aniversario da escritora que se celebra o 23 de febreiro, ...

O concurso e desfile de Entroido e maila andaina teatralizada polo Mar de Ovellas, que estaban programadas para este domingo 25 de febreiro, cancélanse por mor das condicións meteorolóxicas adversas. No caso do concurso e desfile de Entroido, cancélase definitivamente. Pola súa banda, desde ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, informa de que debido ás inclemencias meteorolóxicas, suspéndese a andaina saudable do programa SaudeAndo prevista para esta tarde no Milladoiro. Dita andaina estaba previsto que saíse ás 17.30 horas dende o centro de saúde ...
Debido ás previsións meteorolóxicas adversas previstas para a próxima fin de semana, aprázase a andaina teatralizada polo Mar de Ovellas, prevista para este domingo 25 de febreiro, e que está incluída dentro da programación do Día de Rosalía. Todas as persoas inscritas continuarán na list ...
O concurso e desfile de Entroido, previsto para este domingo 25 de febreiro no Milladoiro, cancélase por mor do mal tempo. Despois de consultar as predicións meteorolóxicas, MeteoGalicia informa de chuvia durante toda a xornada do domingo, día no que estaba programado o desfile.