Pestanas principais

Cancélanse as actividades previstas para este domingo, 25 de febreiro

Xoves, 22 de febreiro de 2024

O concurso e desfile de Entroido e maila andaina teatralizada polo Mar de Ovellas, que estaban programadas para este domingo 25 de febreiro, cancélanse por mor das condicións meteorolóxicas adversas. No caso do concurso e desfile de Entroido, cancélase definitivamente. Pola súa banda, desde os departamentos de Normalización Lingüística e Turismo informan que está previsto que proximamente se comunique unha nova data para realizar a andaina teatralizada polo Mar de Ovellas.

A andaina polo Mar de Ovellas incluída na programación “Rosalía Ames 2024”, programada inicialmente para este domingo 25 de febreiro, adíase por causas meteorolóxicas. Desde os departamentos de Normalización Lingüística e Turismo informan que todas as persoas inscritas continuarán la lista de participantes e que  proximamente se lles comunicará unha nova data para realizar esta actividade.

Esta andaina desenvolverase coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e do músico Luís O’Caruncho. Durante o camiño haberá diferentes paradas nas que estes artistas nos achegarán á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co Concello de Ames.

A ruta parte de Augapesada e vai ata o local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. O percorrido será de 4 km, de dificultade media, cunha subida de ata o 10% de desnivel e cunha duración de aproximadamente dúas horas. A actividade rematará no local social de Trasmonte coa degustación do Caldo de Gloria que Rosalía recolle no poema Miña casiña meu lar.

Concurso e desfile de Entroido
Pola súa banda, o concurso e desfile de Entroido, tamén programados para este domingo 25 de febreiro, cancélanse definitivamente. Desde o departamento de Cultura comunican que non se celebrará nunha próxima data, polo que este ano non haberá desfile de Entroido.

Tanto o concurso como o desfile estaban programados inicialmente para o domingo 11 de febreiro, pero fora adiado por causas meteorolóxicas e establecérase como nova data o domingo 25 de febreiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames anula su Entroido este domingo por el mal tiempo y en Negreira desfilarán 900 festeiros el sábado"

Ames Go: "Cancélanse as actividades previstas para este domingo, 25 de febreiro"

Cancélanse as actividades previstas para este domingo, 25 de febreiro

Multimedia

  • Cancélanse as actividades previstas para este domingo, 25 de febreiro
  • Cancélanse as actividades previstas para este domingo, 25 de febreiro