Axenda
O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.
Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.
Para o mes de maio o Concello de Ames organiza un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos. A última sesión é o domingo 26 de maio, ás 19:00 horas, coa actuación de Carlos Blanco na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entradas poden adquirirse en Ataquilla.com.
Os días 28, 29 e 30 de maio a biblioteca de Bertamiráns acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 20 e o 25 de maio chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 31 de maio, ás 18:00 horas, Migallas Teatro levará á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "A nena e os tres osos". Dirixido a nenos a partir de 2 anos, é unha divertida e coidada proposta teatral con monicreques e cancións baseada nun conto clásico da literatura infantil. Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns poden ser... unha familia de osos.
O sábado 1 de xuño vaise desenvolver unha nova camiñada teatralizada, a cargo dos Quinquilláns, polas Fragas do Tambre. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, arranca na aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e por preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. O percorrido ten unha distancia de 4 quilómetros e ao remate serviranse uns petiscos saudables. Para participar é preciso inscribirse. Para iso hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 7 de xuño, ás 18:00 horas, Montse Rivera e Mercedes Prieto organizan no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Foliada con Apego". Dirixido a público familiar, será un encontro cheo de lingua, cantos, música e baile de noso para compartir, cantar, bailar, aprender e pasalo xenial.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 14 de xuño, ás 18:00 horas, Ana Prema levará á Casa da Cultura do Milladoiro a actividade "Tecendo Fíos". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dunha actividade para aprender a crear espazos compartidos de felicidade e de quietude, de palabras, de historias, de silencios, de xogo, de divertimento e de calma.
- ‹ anterior
- 2 de 4
- seguinte ›