Pestanas principais

>Espectáculo de monicreques "A nena e os tres osos"

Venres, 31 maio, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 31 de maio, ás 18:00 horas, Migallas Teatro levará á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "A nena e os tres osos". Dirixido a nenos a partir de 2 anos, é unha divertida e coidada proposta teatral con monicreques e cancións baseada nun conto clásico da literatura infantil. Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns poden ser... unha familia de osos.

É precisa inscrición previa, entre o 23 e o 30 de maio, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.