Axenda
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores. Esta actividade impartirase o sábado, 27 de abril, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.
Durante o mes de abril, a Escola Municipal de Música organiza unha serie de obradoiros musicais dirixidos á veciñanza amesá. O derradeiro obradoiro deste ciclo terá lugar o sábado 27 de abril, e estará dirixido pola asociación Trópico de Grelos. A proposta busca achegar á cidadanía á batucada, e experimentar a percusión dun xeito accesible, dinámico e grupal. Os participantes aprenderán así a relacionarse co instrumento a través de xogos rítmicos, entrando nun ambiente festivo que convida ao movemento e ao baile.
Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).
O venres 3 de maio, ás 18:00 horas, a Fundación Legar levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Arrolar". Dirixido a familias con crianzas de 0 a 2 anos, trátase dun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto. Nel aprenderán arrolos e outras cantigas que
servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma.
O venres 3 de maio, ás 17:00 horas, na biblioteca do Milladoiro terá lugar o obradoiro "O outro lado de Luísa, a ilustración", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 22 e o 30 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 530 807.
O venres 3 de maio, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da comedia teatral "As r(h)umorosas" da man de Etiqueta Negra. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Nela ponse en valor a figura das mulleres ilustres da historia de Galicia.
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo na biblioteca do Milladoiro o venres 3 de maio, ás 17:00 horas. As familias que desexen participar poderán inscribirse ata o 30 de abril escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou no teléfono 981 530 807.
Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de anunciar un novo encontro coas escolas de música de Carnota e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 3 de maio, ás 18:30 horas, na Praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da terceira edición deste encontro, que xa se celebrou o pasado ano e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá.
O sábado 4 de maio, ás 11:30 horas, na biblioteca de Bertamiráns terá lugar o obradoiro "O outro lado de Luísa, a ilustración", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 22 e o 30 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829.
O sábado 4 de maio organízase unha excursión á Ribeira Sacra, de 9:30 a 21:00 horas. Será unha aventura na que os participantes visitarán o Eco-museo do Pazo de Arxeriz, o Eco-espazo de Carballolandia e a ribeira do río Miño. Achegaranse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. Esta excursión é de balde, e está dirixida ás familias.
- 1 de 5
- seguinte ›