Pestanas principais

>Saída "Excursión a Carballolandia"

Sábado, 4 maio, 2024
A partir das 9:30 horas

O sábado 4 de maio organízase unha excursión á Ribeira Sacra, de 9:30 a 21:00 horas. Será unha aventura na que os participantes visitarán  o Eco-museo do Pazo de Arxeriz, o Eco-espazo de Carballolandia e a ribeira do río Miño. Achegaranse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. Esta excursión é de balde, e está dirixida ás familias.

É precisa inscrición previa, entre o 19 e o 26 de abril, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal