Avisos
Xoves, 28 maio, 2026
O Concello de Ames informa de que a Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas, a suspensión temporal -desde este venres, 29 de maio, e ata novo aviso- das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Polo tanto, non se autorizarán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste venres.
Xoves, 28 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellería de Xuventude, informa de que se esgotaron as prazas para a excursión ao Aquapark de Cerceda, que se enmarca dentro do programa Trouleando. Esta actividade realizarase o vindeiro domingo 14 de xuño. Na actualidade xa están cubertas as 95 prazas dispoñibles e hai unha ampla lista de agarda.
Mércores, 27 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2026-2027. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 15 de xuño.
Mércores, 27 maio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 30 de maio, ás 17.30 horas, organízase unha nova actividade familiar, que está dirixida a nenos/as de 6 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta. Neste caso vaise visitar a horta A Castiñeira (A Baña) con Tasio.
Luns, 25 maio, 2026
A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local (PEL), informa sobre o seguinte programa formativo posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega): Preparando ás PEMEs galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo.
Venres, 22 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa a todos os veciños e veciñas de Ames, que a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia publicou no DOG do martes 17 de abril de 2007, a Lei 3/2007 de “prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia”.
Venres, 22 maio, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no Boletín 176/71GAL, emitido as 10:42 horas do día de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso NIVEL AMARELO por CHOIVA E TORMENTAS, que afectará á CORUÑA (Interior) e a LUGO (Centro e Montaña) e que se iniciará ao mediodía do día 23/05/2026 e ata a primeira hora do día 24/05/2026. A precipitación acumulada nunha hora poderá superar os 15 litros, con posibilidade de saraiba e de rachas moi fortes de vento.
Venres, 22 maio, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 maio, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 21 maio, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio sobre a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección, polo sistema de concurso oposición, para arquitecto (funcionario interino) e posterior formación dunha bolsa de traballo do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 8 de 174
- seguinte ›




